A MÚSICA A TRAVÉS DE IMAXES
BIBLIOVILAMARTÍN
jueves, 13 de enero de 2011
martes, 11 de enero de 2011
O NOSO FESTIVAL NADAL 2010
O festival de Nadal estivo cheo de ledicia e cor no noso cole. Fixemos unha morea de actividades coas que aprendimos e nos divertimos mogollón.
Os alumnos de infantil cantaron con “Llega la Navidad”:
Llega la navidad on PhotoPeach
Cos alumnos do 1º e 3º ciclo lembramos con “Recuerdos” moitas cousas do pasado.
Obra de teatro: "Recuerdos" on PhotoPeach
“Marchamos alegres” e cantámoslles aos “Anxeliños do ceo” con fermosas panxoliñas interpretadas polos alumnos do 1º ciclo. En inglés tamén bailaron ao ritmo do “Dinosaur, dinosaur”.
Panxoliñas 1ºCiclo on PhotoPeach
“O Apalpador e os Reis Meigos”, chegaron a un acordo para repartir os xoguetes aos nenos e nenas do 2º ciclo.
Obra de teatro: "O Apalpador e os Reis Meigos" on PhotoPeach
Ademáis, bailaron “Metidos nun ovo” e cantaron en inglés “We wish you a Merry Christmas".
Baile - Panxoliñas 2º ciclo on PhotoPeach
Para rematar as actuacións, os alumnos de 3º ciclo interpretarón cos instrumentos "Noite de Reis" que recibiu moitos aplausos e fixeron que soasen os axóuxeres co “Jingle bells”.
Panxoliñas 3º ciclo on PhotoPeach
Despedímonos cun Bo Nadal, Feliz Navidad e Merry Christmas, desexando tamén un ventureiro 2011.
Pero antes de marchar fixemos entrega dos premios aos gañadores do Concurso de Postais de Nadal deste ano. Os premiados foron: Pablo (infantil), Sandra (1º ciclo), Jorge (2º ciclo) e Daniel (3º ciclo).
Os alumnos de infantil cantaron con “Llega la Navidad”:
Llega la navidad on PhotoPeach
Cos alumnos do 1º e 3º ciclo lembramos con “Recuerdos” moitas cousas do pasado.
Obra de teatro: "Recuerdos" on PhotoPeach
“Marchamos alegres” e cantámoslles aos “Anxeliños do ceo” con fermosas panxoliñas interpretadas polos alumnos do 1º ciclo. En inglés tamén bailaron ao ritmo do “Dinosaur, dinosaur”.
Panxoliñas 1ºCiclo on PhotoPeach
“O Apalpador e os Reis Meigos”, chegaron a un acordo para repartir os xoguetes aos nenos e nenas do 2º ciclo.
Obra de teatro: "O Apalpador e os Reis Meigos" on PhotoPeach
Ademáis, bailaron “Metidos nun ovo” e cantaron en inglés “We wish you a Merry Christmas".
Baile - Panxoliñas 2º ciclo on PhotoPeach
Para rematar as actuacións, os alumnos de 3º ciclo interpretarón cos instrumentos "Noite de Reis" que recibiu moitos aplausos e fixeron que soasen os axóuxeres co “Jingle bells”.
Panxoliñas 3º ciclo on PhotoPeach
Despedímonos cun Bo Nadal, Feliz Navidad e Merry Christmas, desexando tamén un ventureiro 2011.
Pero antes de marchar fixemos entrega dos premios aos gañadores do Concurso de Postais de Nadal deste ano. Os premiados foron: Pablo (infantil), Sandra (1º ciclo), Jorge (2º ciclo) e Daniel (3º ciclo).
lunes, 10 de enero de 2011
O NADAL NO NOSO COLEXIO
Como todos os anos ao chegar o nadal decoramos o noso colexio con murais confeccionados polos alumnos e os mestres. Esperamos que vos gusten moito.
MURAIS DE NADAL on PhotoPeach
MURAIS DE NADAL on PhotoPeach
miércoles, 22 de diciembre de 2010
CONCURSO DE POSTAIS
Como todos os anos, no mes de decembro convocouse o Concurso de “Postais de Nadal”, elaboradas por todo o alumnado, nas modalidades de Educación Infantil, 1º Ciclo, 2º Ciclo e 3º Ciclo.
Este ano os gañadores foron:
Educación Infantil: Pablo
1º Ciclo: Sandra
2º Ciclo: Jorge
3º Ciclo: Daniel
A postal gañadora absoluta coa que felicitamos aos pais e colexios do contorno foi a do alumno: Jorge do 2º Ciclo.
Todos os gañadores foron agasallados cun libro.
A continuación podedes ver todas as postais presentadas para o concurso:
Postais de Infantil on PhotoPeach
Postais 1º Ciclo on PhotoPeach
Postais 2º Ciclo on PhotoPeach
Postais 3º Ciclo on PhotoPeach
martes, 21 de diciembre de 2010
lunes, 8 de noviembre de 2010
O Magosto 2010
O día 5 de novembro celebramos como tódolos anos o Magosto no colexio.Disfrutamos toda a comunidade educativa dun bó día xantando xuntos alumnos, pais, nais, avós, avoas, cociñeira e profesores.Degustamos un rico bolo preñado , unha deliciosa empanada e por suposto da raiña da festa...A CASTAÑA!!
Ademais, os nenos e nenas poideron pasalo moi ben despois do ágape xogando aos distintos xogos preparados polos mestres para que así rematara a xuntanza dunha maneira divertida.
Gustounos moito toda a colaboracíón das familias na festividade.
GRAZAS A TODOS!!
martes, 2 de noviembre de 2010
O HALLOWEEN / SAMAÍN NO NOSO COLEXIO
O día 29 de outubro é o Samaín e levamos unha cabaza cada un aínda que non é obrigatorio. Ás veces gañan algúns e ás veces outros, pero a min dáme igual perder ou gañar.
CONCURSO DE CABAZAS on PhotoPeach
Neste Samaín gañaron Roi, Luis , Saúl, Joel e Marcos e despois do concurso de cabazas fixemos unha pequena festa, cada ciclo tiña unha mesa.
HALLOWEEN on PhotoPeach
CONCURSO DE CABAZAS on PhotoPeach
Neste Samaín gañaron Roi, Luis , Saúl, Joel e Marcos e despois do concurso de cabazas fixemos unha pequena festa, cada ciclo tiña unha mesa.
HALLOWEEN on PhotoPeach
viernes, 29 de octubre de 2010
Samaín/Halloween 2010
A CASA DAS BRUXAS
No pobo de Vilamartin había unha casa que levaba moitos anos pechada. Contaban que ninguén se atrevía a entrar nela porque según decían había bruxas.
O día 31 de outubro eu e os meus amigos Xavi, Xiana e Adriana saímos polo pobo a pedir doces. Eran mais ou menos as dez da noite cando voltábamos ás nosas casas e vimos unha luz que se acendía e apagaba na cas das bruxas. Como íamos todos xuntos, non nos deu medo e decicimos entrar a ver que pasaba. De súpeto foise aluz de todo o pobo e tamén a da casa. Quedou todo a escuras, haiiii...que medo!! Xiana quería marchar porque tiña medo, pero convencímola para qeu non marchase. Petamos na porta, aínda que pensando que ninguén ía a sair,pero de súpeto apareceu unha muller moi fea, gordísima con dúas cabezas e con un coitelo na man. Botamos todos a correr para liscar de alí, pero Adriana tropexou e torceu un pé. Entón veu a Bruxa e marchou con ela para a casa. Aínda que estabamos mortos de medo fomos a buscala pero sen antes coller caa un unhas boas pedras na man para poder defendernos. Pero cal foi a nosa sorpresa que cando entramos Adriana estaba bailando coas bruxas para celebra a noite de Samaín.
Aínda así saímos de alí por patas!! E por suposto cando chegamos a casa non lle contamos nada aos nosos pais.
E así acabou unha noit e de Samaínque nunca esqueceremos.
Dani 6º curso
viernes, 18 de junio de 2010
DeSPeDinDo o CuRSo
Vai acercándose o fin de curso 2009/2010, e tamén imos comprobando que os obxectivos que nos propuxemos acadar ao comezo, fóronse cumprindo folgadamente.
Mergullámonos no camiño de Santiago, tan noso e tan universal. O noso conto de aventuras, levounos a percorrer no papel, lugares máxicos e cheos de cultura, historias que os nosos alumnos e alumnas, coa axuda do profesorado, inventaron, escribiron e debuxaron.
Limos o Camiño, cantamos o Camiño, escribimos o Camiño, e sentímolo e pateámolo con peregrinos de países e falas lonxanas, na maravillosa excursión de fin de curso, que nos fixo soñar e coñecer de xeito real, un anaco deste Camiño da nosa terra, coas súas lendas, historias, milagres, mosteiros e igrexas románicas. Cultura e cultura da que, a miúdo, estamos tan ausentes e tan necesitados.
Asombrounos O Cebreiro, abraiounos Samos, engaioláronnos Sarria e Portomarín cos seus monumentos e ambiente peregrino. Agarimounos a paisaxe toda verde, coma unha alfombra abríndose ao noso paso. Adozamos na fábrica de tartas de Santiago, con tanta amabilidade e xenerosidade. Estabamos agotados, pero moi felices.
O Día das Letra Galegas, trouxomos a lírica de Uxío Novoneira, profunda e courelá. Con ela sentimos chover e nevar, o vento e os lóstregos nos tesos cumes, o canto do cuco, o ouleo do lobo, a historia de amor de Ildara. E todo dentro da nosa biblioteca, onde tamén aturuxamos e oulamos. Uxío fíxonos vibrar.
O alumnado de 5º e 6º, disfrutaron dous días de deporte e natureza; os de E. Infantil conviviron e xogaron cos pequenos das escolas dos arredores. Deporte, cultura, educación, coñecementos; que ingredientes únicos para elaborar o xantar da vida!
Xantar que ofrecemos todos os días aos nosos alumnos e alumnas, con dobre ración para os de 6º que se nos van ao instituto, e aos que dexesamos moitas ganas de estudar, aprender e saber. Unha aperta moi forte de todo o profesorado para eles, elas cun ata sempre.
Feliz verán. En setembro empezaremos outra vez a aventura.
martes, 1 de junio de 2010
CHOLO Y NELA 2010
CHOLO E NELA E O RUMOR DA FRAGA
Nesta XIV convocatoria, os nosos amigos, o globo Cholo e a pinga Nela, leváronnos ata o colexio Xulio Gurriarán, no Barco de Valdeorras, para pasar con eles unha xornada de reflexión e lecer tendo como eixo motivador das diferentes actividades e xogos a auga e a necesidade de coidala como ben cada vez máis escaso e do que depende a vida do home e da terra na que vivimos.
Nós levamos o obradoiro da reciclaxe de papel nun intento de concienciarnos da importancia dun xesto tan sinxelo coma o de reciclar o papel das nosas casas e centros de traballo, para aforrar enerxía, materiais e redudir lixo.
Á chegada alí estaban preto de 600 nenos e nenas de toda a comarca, agardando polos nosos amigos para cantarlles a canción de benvida.
Cando as nosas mascotas apareceron soaron os acordes de..."Son, son, son auga son. Se coidamos a auga coidámonos nós".
Foi un día intensivo pero moi alegre, o tempo tamén axudou cunha xornada de sol sen moita calor.
Queredes saber o que máis nos gustou?
viernes, 28 de mayo de 2010
lunes, 24 de mayo de 2010
jueves, 20 de mayo de 2010
Maratón de LECTURA
Como cada ano e seguido a convocatoria de “A.C. Vagalume” de Valdeorras, o 18 de maio, e co gallo do Día das Letras Galegas, celebramos na nosa biblioteca o Maratón de Lectura, que este ano dedicamos á figura homenaxeada, Uxío Novoeira, o gran poeta do Courel.
Todos, alumnado e profesorado, sen esquecer a Ana, a cociñeira, metémonos nos “Eidos” de Uxío e exploramos a chuvia, o vento, a neve, os lobos, os montes, os paxaros, etc,... feitos poesía nos seus versos maravillosos.
Aturuxamos e oulamos, e sentímonos moi preto do poeta e da súa terra courelá ou seica se acercou el a nós?
martes, 18 de mayo de 2010
miércoles, 12 de mayo de 2010
OBRADOIRO INSTRUMENTOS
O día 6 de Maio tivemos a oportunidade de participar nunha exposición de instrumentos tradicionais feitos con: canas, cornos, latas, paus, cunchas, chapas, piñas, vexigas de porco e outros materiais.
Déronnos unha charla explicando para que se utilizaban de que estaban feitos e puidemos oír como soaban e mesmo tocalos e collelos.
Como fin de festa, fabricamos a nosa propia curuxa con carrabouxos, baleirándoa cun paiciño, arrimamos os beizos e... maxia, como soaba!!Mesmo semellaba que estabamos nun bosque encantado.
1º ciclo
jueves, 22 de abril de 2010
jueves, 25 de marzo de 2010
CONVIVENCIA O BOLO
O Día 18 de marzo fomos á convivencia co colexio do Bolo. Tamén estaban os colexios de Rubiá e A Veiga.
Ao chegar, xuntámonos por ciclos para entrar a disfrazarnos de cabaleiros e damas medievais. Logo, fomos andando deica o castelo. Alá, un rapaza que se chamaba Lito ensinounos un baile moi divertido. Despois, fixemos un xogo que consistía en atopar cinco pergaminos que estaban agochados e que todos xuntos formaban a historia desa torre. A continuación vimos a torre por dentro. Dende o cimo había unhas vistas moi fermosas. De volta ao colexio agardábanos un contacontos. Cando rematou, comemos todos xuntos no pavillón.Foi xenial!!
jueves, 18 de febrero de 2010
O EnTRoiDo
Cada ano,no noso colexio celebramos o entroido.
Uns días antes temos que empezar cos preparativos dos disfraces, xa que preparámolos nós xuntos cos profesores. Hai que ensaiar para que ese día saia todo ben.
Este ano os de quinto e sexto disfrazámonos de guerreiros, xa que este ano o tema do entroido era "O camiño de Santiago".
Ese día pola mañá temos clase e despois de comer faceos un pequeno recreo e preparámos para o desfile. Saímos todo o colexioa cantar e bailar.
Veñen a vernos os nosos pais, irmáns, avós e moita máis xente.
Cada neno trae un doce típico desa época e ao rematar merendamos todos xuntos, e aínda nos queda tempo para xogar un pouco antes de voltar ás nosas casas.
É un día divertido aínda que a min non me gusta moito disfrazarme.
DANIEL 5º
MURAL DE ENTROIDO OS POSTRES...UMMM
COAS ORDES
DO
MECO
miércoles, 17 de febrero de 2010
jueves, 4 de febrero de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)