jueves, 25 de marzo de 2010

CONVIVENCIA O BOLO




O Día 18 de marzo fomos á convivencia co colexio do Bolo. Tamén estaban os colexios de Rubiá e A Veiga.
Ao chegar, xuntámonos por ciclos para entrar a disfrazarnos de cabaleiros e damas medievais. Logo, fomos andando deica o castelo. Alá, un rapaza que se chamaba Lito ensinounos un baile moi divertido. Despois, fixemos un xogo que consistía en atopar cinco pergaminos que estaban agochados e que todos xuntos formaban a historia desa torre. A continuación vimos a torre por dentro. Dende o cimo había unhas vistas moi fermosas. De volta ao colexio agardábanos un contacontos. Cando rematou, comemos todos xuntos no pavillón.Foi xenial!!