jueves, 13 de enero de 2011

MUSICOGRAMAS

A MÚSICA A TRAVÉS DE IMAXES

martes, 11 de enero de 2011

O NOSO FESTIVAL NADAL 2010

O festival de Nadal estivo cheo de ledicia e cor no noso cole. Fixemos unha morea de actividades coas que aprendimos e nos divertimos mogollón.

Os alumnos de infantil cantaron con “Llega la Navidad”:

Llega la navidad on PhotoPeach




Cos alumnos do 1º e 3º ciclo lembramos con “Recuerdos” moitas cousas do pasado.

Obra de teatro: "Recuerdos" on PhotoPeach




“Marchamos alegres” e cantámoslles aos “Anxeliños do ceo” con fermosas panxoliñas interpretadas polos alumnos do 1º ciclo. En inglés tamén bailaron ao ritmo do “Dinosaur, dinosaur”.

Panxoliñas 1ºCiclo on PhotoPeach




“O Apalpador e os Reis Meigos”, chegaron a un acordo para repartir os xoguetes aos nenos e nenas do 2º ciclo.

Obra de teatro: "O Apalpador e os Reis Meigos" on PhotoPeach




Ademáis, bailaron “Metidos nun ovo” e cantaron en inglés “We wish you a Merry Christmas".



Baile - Panxoliñas 2º ciclo on PhotoPeach




Para rematar as actuacións, os alumnos de 3º ciclo interpretarón cos instrumentos "Noite de Reis" que recibiu moitos aplausos e fixeron que soasen os axóuxeres co “Jingle bells”.

Panxoliñas 3º ciclo on PhotoPeach



Despedímonos cun Bo Nadal, Feliz Navidad e Merry Christmas, desexando tamén un ventureiro 2011.

Pero antes de marchar fixemos entrega dos premios aos gañadores do Concurso de Postais de Nadal deste ano. Os premiados foron: Pablo (infantil), Sandra (1º ciclo), Jorge (2º ciclo) e Daniel (3º ciclo).


lunes, 10 de enero de 2011

O NADAL NO NOSO COLEXIO

Como todos os anos ao chegar o nadal decoramos o noso colexio con murais confeccionados polos alumnos e os mestres.  Esperamos que vos gusten moito.

MURAIS DE NADAL on PhotoPeach