viernes, 28 de mayo de 2010
lunes, 24 de mayo de 2010
jueves, 20 de mayo de 2010
Maratón de LECTURA
Como cada ano e seguido a convocatoria de “A.C. Vagalume” de Valdeorras, o 18 de maio, e co gallo do Día das Letras Galegas, celebramos na nosa biblioteca o Maratón de Lectura, que este ano dedicamos á figura homenaxeada, Uxío Novoeira, o gran poeta do Courel.
Todos, alumnado e profesorado, sen esquecer a Ana, a cociñeira, metémonos nos “Eidos” de Uxío e exploramos a chuvia, o vento, a neve, os lobos, os montes, os paxaros, etc,... feitos poesía nos seus versos maravillosos.
Aturuxamos e oulamos, e sentímonos moi preto do poeta e da súa terra courelá ou seica se acercou el a nós?
martes, 18 de mayo de 2010
miércoles, 12 de mayo de 2010
OBRADOIRO INSTRUMENTOS
O día 6 de Maio tivemos a oportunidade de participar nunha exposición de instrumentos tradicionais feitos con: canas, cornos, latas, paus, cunchas, chapas, piñas, vexigas de porco e outros materiais.
Déronnos unha charla explicando para que se utilizaban de que estaban feitos e puidemos oír como soaban e mesmo tocalos e collelos.
Como fin de festa, fabricamos a nosa propia curuxa con carrabouxos, baleirándoa cun paiciño, arrimamos os beizos e... maxia, como soaba!!Mesmo semellaba que estabamos nun bosque encantado.
1º ciclo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)