lunes, 18 de mayo de 2009

HIMNO GALEGO

LETRA

Que din os rumorosos
na costa verdescente,
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

-Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confin dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
Fogar de Breogan.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso rouco son,
mais sóo os ignorantes
e férridos e duros
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, dondequer, xigante
a nosa voz pregoa
a redezón da boa
Nazón de Breogán.


HOME

As poesías para celebrar o día das Letras Galegas

Teño que recoñecer
que non sempre son moi bó
aquí en diante procurarei
con Patricia ser mellor.
Farei sempre os deberes
e a excursión eu quero ir
portareime ben eu sempre
non vos estou a mentir.
Por tanto dime, Patricia
que queres que faga por tí
farei todo o que me digas
se queres irei para alí.
Ola profe de música
sei que non sempre son tan bó
pero de aquí en diante
portareime mellor.
Atenderei sempre
ao profesor
sempre farei os deberes
non me olvidarei, non.
Dame un paso máis
poderei ir a excursión?
Dime, profe de música
non farei nada peor.
José Luís Macías Fresnadillo

En este día de festa
unha canción vou cantar
en Vilamartín hai festa
eu non te vou enganar.
Canción, baile e poesía
eu contigo cantarei
eu contigo bailarei
unha poesía direi.
Si queres bailar comigo
moi guapa te tés que poñer
un vestido e mañosa
maquillada voute ver.
Alejandro Soto Vázquez
Os nenos de Vilamartín
estudan moito e son bós
eles son moi traballadores
e queren cantar para vós.
Esta canción é galega
iremos a Allariz mirar
o museo dos xoguetes
e algunha cousa comprar.
Na fábrica de queixo
había un cheirume
que botaba para atrás.
...
Manuel Neta Pérez

lunes, 11 de mayo de 2009

Letras galegas: Ramón Piñeiro


Estamos no mes de Maio,  o mes no que florecen as máis fermosas das flores, e o mes no que a nosa lingua, o Galego, tamén debe reflorecer grazas as aportacións de todos e todas. 


Como todos sabedes, cada 17 de maio festexamos o Día das Letras Galegas. O día no que festexamos e recordamos a importancia que tén o Noso Idioma. Non credes que é moi importante adicarlle un día? 

Cartel Conmemorativo do Día das Letras Galegas 

 Que sabedes sobre o Día das Letras Galegas?

Podedes investigar un pouquiño, por exemplo consultando a páxina de 

Vieiros na Escola.

   
 

 Iso de lle adicar un día especial ás persoas e ás cousas que queremos está moi ben: o Día do Pai, o Día da Nai, o Día das Letras Galegas...

 Pero os nosos pais son pais todo o ano. E o galego tamén é a lingua de noso todo o ano. Por iso, se premes na foto adxunta, podes atopar un montón de actividades sobre lingua galega (vocabulario, normas ortográficas, sopas de letras, encrucillados...). E, ademais, como están elaboradas con ferramentas informáticas, non necesitarás libro, nin papel, ni lápis.

 


 

Ramón Piñeiro 


jueves, 7 de mayo de 2009

Entroido

O Entroido é moi divertido porque os nenos divírtense disfrazándose de moitas cousas : personaxes de contos, de películas, de aventuras, de acción, etc……
Hai muchos disfraces de animais , dinosauros. Hai nenos pola rúa disfrazados.
No colexio Xosé Manuel Folla Respino facemos o Entroido adicado a Astronomia , e rimos moito. O ano 2009 fixemolo mellor que o ano 2008 porque os profes fixeron máis murais coloridos e debuxados . En 5º disfrazámonos de astronautas bailando unha canción moi marchosa. Rematámos o festival cunha desgustación de postres típicos de entroido feitos polos nosos pais.
¡Foi moi guai este ano o Entroido!
ALUMNOS DE 5º