miércoles, 3 de febrero de 2010

A PaZ

O día 29 de xaneiro celebramos a paz no noso colexio. Os alumnos de terceiro ciclo tiñamos que buscar información sobre os países que estaban en guerra, dende cando ata cando e con quen. Nós esa información tíñamosla que poñer nunha bandeira que xa tíñamos feita de antes.

Os de segundo ciclo fixeron uns corazóns con mensaxes, os de primeiro ciclo pintaron paxaros que tiñan escrito enriba deles a palabra "PAZ" e os de infantil fixeron mans e pegáronas. E todos eses debuxos os pegaron por ciclos nun tren con vagóns que debuxaron os mestres. Pero antes de todo saímos todos para fora e as mestras nos ían chamando por ciclos para que foramos pegando as cousas nos vagóns do tren. Ao acabar de pegar todos os debuxos que estivemos a facer, bailamos todo o colexio a canción que nos ensino a mestra Cristina. Despois de todo, cando tocou o timbre subimos para clase, recollemos todo e volvemos baixar para poñernos en fila para ir para casa.

FOI XENIAL

                                                      Cristina 5º

No hay comentarios: