O día 6 de Maio tivemos a oportunidade de participar nunha exposición de instrumentos tradicionais feitos con: canas, cornos, latas, paus, cunchas, chapas, piñas, vexigas de porco e outros materiais.
Déronnos unha charla explicando para que se utilizaban de que estaban feitos e puidemos oír como soaban e mesmo tocalos e collelos.
Como fin de festa, fabricamos a nosa propia curuxa con carrabouxos, baleirándoa cun paiciño, arrimamos os beizos e... maxia, como soaba!!Mesmo semellaba que estabamos nun bosque encantado.
1º ciclo
No hay comentarios:
Publicar un comentario