lunes, 11 de mayo de 2009

Letras galegas: Ramón Piñeiro


Estamos no mes de Maio,  o mes no que florecen as máis fermosas das flores, e o mes no que a nosa lingua, o Galego, tamén debe reflorecer grazas as aportacións de todos e todas. 


Como todos sabedes, cada 17 de maio festexamos o Día das Letras Galegas. O día no que festexamos e recordamos a importancia que tén o Noso Idioma. Non credes que é moi importante adicarlle un día? 

Cartel Conmemorativo do Día das Letras Galegas 

 Que sabedes sobre o Día das Letras Galegas?

Podedes investigar un pouquiño, por exemplo consultando a páxina de 

Vieiros na Escola.

   
 

 Iso de lle adicar un día especial ás persoas e ás cousas que queremos está moi ben: o Día do Pai, o Día da Nai, o Día das Letras Galegas...

 Pero os nosos pais son pais todo o ano. E o galego tamén é a lingua de noso todo o ano. Por iso, se premes na foto adxunta, podes atopar un montón de actividades sobre lingua galega (vocabulario, normas ortográficas, sopas de letras, encrucillados...). E, ademais, como están elaboradas con ferramentas informáticas, non necesitarás libro, nin papel, ni lápis.

 


 

Ramón Piñeiro 


No hay comentarios: