martes, 1 de junio de 2010

CHOLO Y NELA 2010

CHOLO E NELA E O RUMOR DA FRAGA

Nesta XIV convocatoria, os nosos amigos, o globo Cholo e a pinga Nela, leváronnos ata o colexio Xulio Gurriarán, no Barco de Valdeorras, para pasar con eles unha xornada de reflexión e lecer tendo como eixo motivador das diferentes actividades e xogos a auga e a necesidade de coidala como ben cada vez máis escaso e do que depende a vida do home e da terra na que vivimos.
Nós levamos o obradoiro da reciclaxe de papel nun intento de concienciarnos da importancia dun xesto tan sinxelo coma o de reciclar o papel das nosas casas e centros de traballo, para aforrar enerxía, materiais e redudir lixo.
Á chegada alí estaban preto de 600 nenos e nenas de toda a comarca, agardando polos nosos amigos para cantarlles a canción de benvida.
Cando as nosas mascotas apareceron soaron os acordes de..."Son, son, son auga son. Se coidamos a auga coidámonos nós".
Foi un día intensivo pero moi alegre, o tempo tamén axudou cunha xornada de sol sen moita calor.
Queredes saber o que máis nos gustou?


No hay comentarios: