viernes, 29 de octubre de 2010

Samaín/Halloween 2010

A CASA DAS BRUXAS
No pobo de Vilamartin había unha casa que levaba moitos anos pechada. Contaban que ninguén se atrevía a entrar nela porque según decían había bruxas.
O día 31 de outubro eu e os meus amigos Xavi, Xiana e Adriana saímos polo pobo a pedir doces. Eran mais ou menos as dez da noite cando voltábamos ás nosas casas e vimos unha luz que se acendía e apagaba na cas das bruxas. Como íamos todos xuntos, non nos deu medo e decicimos entrar a ver que pasaba. De súpeto foise aluz de todo o pobo e tamén a da casa. Quedou todo a escuras, haiiii...que medo!! Xiana quería marchar porque tiña medo, pero convencímola para qeu non  marchase. Petamos na porta, aínda que pensando que ninguén ía a sair,pero de súpeto apareceu unha muller moi fea, gordísima con dúas cabezas e con un coitelo na man. Botamos todos a correr para liscar de alí, pero Adriana tropexou e torceu un pé. Entón veu a Bruxa e marchou con ela para a casa. Aínda que estabamos mortos de medo fomos a buscala pero sen antes coller caa un unhas boas pedras na man para poder defendernos. Pero cal foi a nosa sorpresa que cando entramos Adriana estaba bailando coas bruxas para celebra a noite de Samaín.
Aínda así saímos de alí por patas!! E por suposto cando chegamos a casa non lle contamos nada aos nosos pais.
E así acabou unha noit e de Samaínque nunca esqueceremos.
                                                                               Dani 6º curso

No hay comentarios: